Eventos
O mércores 19 de outubro tivemos a colaboración das compañeiras da Escola Galega de Consumo. Fixeron actividades moi interesantes co alumnado onde aprenderon a mercar con responsabilidade en datas especiais como o Samaín. Poderedes ver as fotos das actividades na aula virtual no apartado de Dinamización da Lingua Galega.
Hoxe recibimos a visita do contacontos "Polo correo do vento" sobre ciberseguridade. Fixeron un debuxo fantástico e ademais agasallaron á biblioteca do centro cos seus contos fermosos.
O pasado 28 de outubro celebramos o Samaín con unha morea de actividades como a queima dos medos coas meigas que nos visitaron este ano, merenda de castañas, decoración por parte das familias de cabazas, vasoiras e sombreiros e como remate final dunha xornada perfecta participamos nunha xincana con once xogos. Si pinchas na imaxe podes ver unha mostra do moito que gozamos.