Skip to Content

Reabre o prazo de Admisión do Alumnado

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 5 de maio de 2020 (DOG do 6 de maio de 2020) na que se publica o seguinte.

Dende o luns 11 ao 18 de maio restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, en horario habitual de apertura do centro de 10:00 a 13:00 e con cita previa por petición telefónica ao 886151645.

Para entrar na escola debemos levar a máscara e luvas. Ademais deberá de manter a distancia de seguridade.

Non se pode acceder máis dunha persoa por entrega de documentación.

Publícanse así os novos prazos do proceso son os seguintes:

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

Avisade a todos os interesados, familiares, veciños ou coñecidos para que non queden fora.

Esperámosvos!



blog | by Dr. Radut