INICIO DAS CLASES

09/09/2010 18:36
Etc/GMT+1

 

¡¡¡BENVIDOS A TODOS/AS!!!!

Xa estamos aquí de novo. Mañá iniciamos as clases do novo curso, o cal, se presenta cheo de novidades. Novos alumnos/as,novos pais, novos profes, e sobre todo,unha  gran novidade, posto que, por primeira vez na historia do noso cole, o horario lectivo será en sesión única de mañá.

Polo tanto recordade que mañá hai que erguerse máis cedo, xa que, as clases comenzan as 9.05 da mañá e rematan ás 14.05 horas.

Este horario vai a ser o que teremos durante todo o curso,polo tanto, haberá que ir adaptándose pouco a pouco a este e a outros cambios que xa vos contaremos mañá.

¡¡¡¡Felices soños a todos/as!!!!