O 26 de abril publicouse a convocatoria para solicitar as axudas para o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo. O prazo abrangue dende o 8 de maio ata o 20 de setembro de 2023. A documentación a presentar é a que segue: -Solicitude de beca cuberta e firmada. -Fotocopia do DNI dos membros que compoñen a unidade familiar. -Informe médico actualizado. -Orzamento do gabinete (psicolóxico, psicopedagóxico e/ou logopédico) ao que acudirá o alumno/a. Todo o proceso de solicitude da beca realízase pola Sede Electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional. Unha vez cuberto, hai que imprimir o formulario de solicitude (PDF) e presentalo no centro educativo de non ter certificado electrónico. https://sede.educacion.gob.es/portada.html
|
|||