A rapazada do CEIP Plurilingüe A Cristina botouse hoxe á rúa para protestar contra o Acoso Escolar, co obxectivo de concienciar sobre esta forma de violencia que a sociedade non logra erradicar. Erguendo ben altas as nosas pancartas, chegamos ata a Praza do Concello. Alí reunímonos para entoar os nosos cánticos de protesta e, despois, fomos merendar ao parque. De volta, os/as nenos/as de Educación Infantil continuaron polo Paseo do Anllóns, collendo flores como fermoso broche final para este día. Ollade o vídeo resume!
|
|||