O noso centro participará de novo durante este curso no proxecto "Aprende a través do Surfing". O martes, mércores e xoves desta semana, dous monitores de surf, Paco e Martín Varela(director da escola de surf "Boaola"), desenvolverán unhas sesións de iniciación ao surfing aos alumnos/as de todos os cursos de Educación Primaria.
Estas sesións terán continuidade cunhas xornadas de convivencia no mes de maio na praia de Razo onde os nenos/as terán a oportunidade de desfrutar dun bautismo de surf, coñecer a cultura oceánica e experimentar todos os valores do surfing.
|
|||