Eventos
No Campeonato Provincial de campo a través disputado o pasado sábado la localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal, @s atletas do noso colexio fixeron un bo papel, xa que, tanto Valeria Gómez(10º posto), Noelia Riveiro(9º posto) e o equipo alevín masculino( 4º posto), a piques estiveron de acadar a clasificación para o Campeonato Galego que se disputará o vindeiro mes de Marzo en Ourense.
@s 17 nen@s que representaban ao noso colexio estiveron a unha grande altura, dando unha moi boa imaxe ,e sobre todo ,demostrando que con esforzo e ilusión poden chegar moi lonxe.
Noraboa a tod@s e grazas polo voso esforzo e comportamento.