ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE BECAS PARA ALUMNADO DE N.E.A.E. ( CURSO 2022-2023)

Informámoslles que foron convocadas as" becas "para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

O prazo de presentación de solicitude remata o 30 de setembro de 2022. A información e o acceso para cubrir a solicitude poderán obtelos en  Becas y ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo ( Curso 2022-2023).

Están dirixidas a alumnado que presenta necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta, alumnado afectado de TEA, alumnado con THDA que cumpran uns determinados requerimentos e a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

 

 

 

CALENDARIO ESCOLAR 2022-2O23

ADSCRICIÓN DO PROFESORADO

Xúntase a relación de profesorado relativo a cada curso e nivel educativo.

Listado DEFINITIVO de solicitudes ADMITIDAS e EXCLUÍDAS do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO curso 2022/23 (DOG 18 de maio de 2022)

No taboleiro interior do centro podedes consultar, cita previa (886151574), o listado DEFINITIVO de solicitudes admitidas ou excluídas no "Fondo solidadrio de libros de texto" para o vindeiro curso 2022/23. 

Listado PROVISIONAL de solicitudes ADMITIDAS e EXCLUÍDAS do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO curso 2022/23 (DOG 18 de maio de 2022)

No taboleiro interior do centro podedes consultar, cita previa (886151574),  o listado PROVISIONAL de solicitudes admitidas ou excluídas no "Fondo solidadrio de libros de texto" para o vindeiro curso 2022/23. 

As persoas interesadas poderán formular reclamación na secretaría do centro nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.

A relación DEFINITIVA de solicitudes admitidas e, de ser o caso, excluídas, publicarase o xoves 30 de xuño no taboleiro interior unha vez finalizado o prazo de reclamacións.

Listado libros de texto e material escolar curso 2022/23

Nos arquivos adxuntos, podedes consultar o listado de libros de texto e material escolar para o curso 2022/23.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2022/23

Convocado o Fondo Solidario de libros de texto e as Axudas para adquirir libros de texto e Material escolar para o curso 2022/23

ORDE do 29 de abril de 2022 (DOG 18 de maio de 2022) Procedemento ED330B

MODALIDADES:

• AXUDAS para adquirir LIBROS DE TEXTO, destinada ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria

  • 210€ con renda per cápita familiar, igual ou inferior a 6000€ 
  • 140€ con renda per cápita familiar superior a 6000€ e inferior o igual a 10.000€

• FONDO SOLIDARIO de LIBROS DE TEXTO para o alumnado matriculado en 3º e  4º de Educación Primaria. Todo o alumnado destes niveis poderá solicitalo e asignaranse os libros dispoñibles, por orde inversa á renda per capita da unidade familiar, ata esgotar as existencias do centro. Unha vez esgotados os libros do fondo, asignaranse os seguintes libros complementarios:

  • Seis (6) libros de texto ao alumnado con renda per cápita familiar, igual ou inferior a 6000€ 
  • Catro (4) libros de texto ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6000€ e inferior o igual a 10.000€

• AXUDAS para adquirir MATERIAL ESCOLAR destinado a todo o alumnado matriculado en Educación Primaria, con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €. A axuda será de 50 €.  

O alumnado que vai cursar 5º e 6º de Primaria está incluído no Proxecto EDIXGAL, excluído da participación no FONDO DE LIBROS, PODERÁ SOLICITAR a AXUDA para adquirir MATERIAL ESCOLAR.

 

PRAZOS:

- Presentación de solicitudes: do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022

 

DATAS LÍMITES:

- Publicación listaxes provisionais (3ºEP e 4ºEP): ata o 11 de xullo de 2022

Reclamacións ás listaxes provisionais: 2 días seguintes á publicación

- Publicación listaxes definitivas (3ºEP e 4ºEP): ata o 22 de xullo de 2022

 

PUBLICACIÓNS FONDO SOLIDARIO:

As listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación FONDOLIBROS, empregando a Chave 365.

 

MODO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

1.- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado ANEXO I e II dispoñible na aplicación FONDOLIBROS a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia empregando a Chave 365. 

2.- Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro: solicitude (ANEXO I e ANEXO II)  presentarase no centro (debidamente asinada), xunto coa documentación precisa xa fotocopiada

3.- Unha vez cuberto o formulario na aplicación Fondolibros, pódese gardar obténdose un número de solicitude e posteriormente optar pola forma de presentación:

  • Na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Na secretaría do centro.Neste caso, imprimirase a solicitude (ANEXO I) e o anexo II que terán que estar debidamente asinados e acompañados da documentación requirida.

 

DOCUMENTACIÓN 

Cando se autorice a consulta:

• Impreso de solicitude ANEXO I (ED330B) e ANEXO II.

• Fotocopia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

(Situación real a 31 de decembro de 2020)

E de ser o caso:

  • Sentenza xudicial de separación e/ou convenio regulador.
  • Certificado de Convivencia se a sentenza e o convenio non representan a situación real.
  • Documentación xustificativa de violencia de xénero.
  • Certificado do grao de discapacidade (recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia)

Listaxe definitiva de alumnado admitido - curso 2022/23

Comunicamos as familias que solicitaron praza neste centro para o curso 2022/23 que xa poden consultar o listado definitivo de admitidos para o vindeiro curso no taboleiro interior do centro ou a través da SEDE ELECTRÓNICA Chave 365.

 

Actualización da Concreción Curricular 2021-2022

No novo documento aparacen as modificacións feitas á  Concreción Curricular para o ano 2021-2022

Concreción curricular 21-22

De acordo coa ORDE do 25 de xaneiro do 2022  procedemos a publicar un documento no que se atopa toda a información sobre a concreción curricular neste curso.

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031