Magosto

Xa sabedes que o venres que vén, día 11 de novembro, celebraremos o  MAGOSTO no Colexio, se o tempo o permite.


Con  tal motivo é necesario que os nenos e nenas traiades  unhas poucas castañas, previamente picadas (cun corte na casca) para asar e se queredes unha bebida (auga, zume...) en envase non de vidro. Tamén haberá chourizos asados con pan.


 


Se algún de vós  dispón na casa de carozos ou leña miúda para facer a brasa, pode traer unha pouca ao Colexio; sempre co consentimento da vosa familia. Sería de gran axuda.


 


Pasarémolo moi ben,  comendo e xogando!!!


 


O Colexio xa está preparando murais e actividades para o evento.


 


Tamén podedes seguir traendo as vosas manualidades feitas con materiais de outono  para expoñer. Hai cousas moi curiosas e bonitas.


 


Grazas pola colaboración das familias.

Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031