Celebración do "Magosto"

Xa sabedes que o xoves da semana que vén, día 11 de novembro, celebraremos o  MAGOSTO no Colexio, se o tempo o permite.

Con  tal motivo é necesario que os nenos e nenas traiades  unhas poucas castañas, previamente picadas (cun corte na casca) para asar e se queredes unha bebida (auga, zume...) en envase non de vidro.

 

Se algún de vós  dispón na casa de carozos ou leña miúda para facer a brasa, pode traer unha pouca ao Colexio; sempre co consentimento da vosa familia. Sería de gran axuda.

 

Pasarémolo moi ben,  comendo e xogando!!!

 

O Colexio xa está preparando murais e actividades para o evento.

 

Aínda continúa a decoración do Samaín que se fixo no Colexio e que todos podedes visitar;  claro que o traballo feito coas cabazas xa se retirou. Os  rapaces e rapazas xa  levaron  cadansúa cabaza para a casa. Publicaranse as fotografías na nosa galería en datas vindeiras.

Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30