Eleccións ao Consello Escolar
Neste mes de novembro de 2010, realizáranse ELECCIÓNS PARCIAIS AO CONSELLO ESCOLAR do C.E.I.P. A CARBALLEIRA, órgano a través do cal participan na súa xestión os diferentes membros da comunidade educativa (Resolución do 6 de setembro de 2010 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. D.O.G. do 24 de setembro de 2010)
A XUNTA ELECTORAL do C.E.I.P. A Carballeira de Lourizán ( constituída segundo a normativa vixente), encargada de organizar e supervisar o proceso de elección de membros que formarán parte do CONSELLO ESCOLAR, pon no coñecemento da Comunidade escolar o seguinte:
- Os censos electorais atópanse expostos no taboleiro de anuncios para a súa consulta e posibles reclamacións.
- O prazo de presentación de candidaturas para formar parte do Consello Escolar do centro estará aberto desde mañá, día 4, ata o día 12 de novembro.
- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais dos alumnos matriculados no centro e incluidos no Censo exposto no taboleiro do colexio.
- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais que presenten a súa candidatura oficial no centro escolar.
- As votacións realizaranse neste colexio o martes 30 de novembro.
- A mesa electoral estará composta por 4 pais/nais ou titotes legais que se elixirán por sorteo entre os pais que non se presenten candidatos.