ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025

Información do proceso de admisión para o vindeiro curso

 


 

NORMATIVA

 

- No Decreto 13/2022, do 3 de febreiro,  (DOG núm. 29, do 11 de febreiro).

 

- Na Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro 2022,  (DOG núm. 212, do 8 de novembro)

 

- E así mesmo, no Acordo do 11 de outubro de 2023 sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes da comunidade autónoma de Galicia, no que sexa aplicable. 

 


 

 

  Presentación da solicitude de admisión no colexio: do 1 ao 20 de marzo 

 

 

Entregarase persoalmente no centro ou na sede electrónica da Xunta  a seguinte documentación:

 

 

  • Fotocopia do DNI do neno/a ou da folla correspondente do libro de familia.

 

  • De ser o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

 

  • Se solicita praza nun curso distinto de 4º de E. Infantil, certificación de matrícula e académica do centro de orixe.

 

O impreso de solicitude de admisión pode cubrirse á man ou informáticamente na aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Deberá estar asinado polos dous proxenitores

 

Pódense facer constar ata 6 centros por orde de preferencia, entregando unha única solicitude no centro pedido en primeiro lugar.

 

Presentar varias solicitudes de admisión en centros distintos suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponder, a non ser que se renuncie expresamente ás solicitudes anteriores ao presentar a nova.

 

A presentación dunha solicitude é vinculante e implica a declaración de que son certos os datos incluídos nela.

 

 

 

No caso de que a solicitude estivese correctamente cumprimentada e o número de solicitudes presentadas fose inferior ao número de prazas ofertadas polo centro, o/a alumno/a aparecerá na listaxe provisional de admitidos que será publicada antes do 25 de abril.

 

 

  Presentación da documentación para o baremo

 

No caso de que o número de solicitudes de admisión superase ao de prazas ofertadas, as prazas serán asignadas mediante unha baremación.

 

O prazo para entregar a documentación que acredite os criterios alegados por cada solicitante será de 10 días hábiles contados dende o 21 de marzo.

 

  Publicación das listaxes provisionais de admitidos: 25 de abril

 

Poderanse consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do interior do colexio ou de xeito non presencial na aplicación admisionalumnado coa chave 365 ou certificado dixital.

 

  Reclamacións: 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación.

 

  Publicación das listaxes definitivas de admitidos: 15 de maio

 

Poderanse consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do interior do colexio ou de xeito non presencial na aplicación admisionalumnado coa chave 365 ou certificado dixital.

 

   Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño

 

Para formalizar a matrícula deberanse presentar na secretaría do centro:

 

  • Impreso de formalización de  matrícula
  • Cuestionario de lingua materna (só o novo alumnado de 3 anos) 
  • Autorización do uso da imaxe
  • 2 fotografías tamaño carné
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria

 

Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031