ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR

 

CONVOCATORIA

      De acordo coa Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Innovación e Innovación Educativa pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consello escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 30), aXUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS, segundo as seguintes normas:

      1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 1 pais/nais, dun total de 3 que debe ter o Consello Escolar.

      2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día da data está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14'00 horas do día 17 de novembro.

      3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14'00 horas do día 18 de novembro.

      4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 21 de novembro, ás 09:00 horas. Dita mesa electoral estará composta polo Director do Centro, que actuará como Presidente, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o de menor idade.

      5.- A campaña electoral comprenderá dende o 24 ao 28 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio. O día 28 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.

      6.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais dos alumnos matriculados no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.

      7.- As votacións realizaranse na ENTRADA deste Colexio o día 29 de novembro, de 9:00 a 10:00, de 13:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 17:30 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 8:45 horas.

      8.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo de 1 nome dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.

      9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal dos alumnos.

      10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

      11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

 

Pontevedra,25  de outubro de 2022

 

A PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL,

 

Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031