Reserva de praza no IES Gonzalo Torrente Ballester - Admisión alumnado curso 2021/22

DO 11 DE XANEIRO AO 8 DE FEBREIRO ábrese o prazo de reserva para o alumnado de 6º de Primaria que pretenda continuar os seus estudos no noso centro de adscrición IES Torrente Ballester para o curso 2021/22.

O formulario normalizado ED550A (galego - castelán) será facilitado polo centro e deberá entregarse (cuberto e asinado) no CEIP A Carballeira entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro, acompañado coa seguinte documentación:

- Fotocopia do DNI do alumno/a ou copia do libro de familia.

- Fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, se fose o caso.

Tamén se pode solicitar a praza a través da aplicación ADMISIONALUMNADO https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. Con esta ferramenta as familias poden cumprimentar as solicitudes de reserva de praza, presentar a solicitude de forma electrónica, así como consultar o seu estado de tramitación.

O alumnado que teña previsto ir a un centro distinto debe presentar a solicitude nese centro ou a través da aplicación informática, no prazo de admisión de novo alumnado do 1 ao 20 de marzo. 

Do 1 ao 20 DE MARZO será o periodo de admisión para o novo alumnado procedente doutros centros educativos ou de nova escolarización (garderías, non escolarizado, …). No taboleiro do centro e na páxina web do colexio, dende o día 1 de marzo, estarán expostas as prazas vacantes e a documentación necesaria para as solicitudes.

AdxuntoTamaño
ED550A_G.pdf757.25 KB
ED550A-C.pdf300.26 KB
Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031