FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2020/21
ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, eduiación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021 (Código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 19 de maio de 2020).
PRAZOS:
- Presentación de solicitudes: do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020
DATAS LÍMITES:
- Publicación listaxes provisionais: ata o 10 de xullo de 2020
- Reclamacións ás listaxes provisionais: 2 días seguintes á publicación
- Publicación listaxes definitivas: ata o 20 de xullo de 2020
Rógase acudir con cita previa e coas medidas de protección oportunas.(Recoméndase utilizar o proceso telemático)
Nos ficheiros adxuntos, poden ler as instruccións para solicitar as axudas e descargar os anexos da solicitude.