ACLARACIÓNS Á REANUDACIÓN PROCESO DE ADMISIÓN

Ante as dúbidas xurdidas entre as familias, informamos de que o alumnado xa matriculado no noso centro neste curso 2019/20 ten garantida a súa praza para o vindeiro curso 2020/21

ORDE do 12 de marzo de 2013 (DOG 15 de marzo 2013)

CAPÍTULO II

Garantía de permanencia e prioridade

Artigo 9. Garantía de permanencia no centro docente

1. O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel nos termos establecidos no artigo 5.1 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.

 

Polo tanto, só o alumnado de nova matrícula, que aínda non entregara no centro a solicitude de admisión para o curso 2020/21, é a quen vai dirixido o restablecemento do proceso de admisión 2020/21.

 

Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031