Restablecemento do procedemento de admisión de novo alumnado para o curso 2020/21

Reábrese o prazo para presentar as solicitudes de admisión do alumnado para o curso 2020/21 (DOG 6 de maio de 2020). O  formulario normalizado (ED550B) estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado” e no centro.


Presentarase a solicitude ANEXO II (ED550B) (descargar impreso en galego ou castelán) no centro ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia acompañado da seguinte documentación:
1º- Copia do DNI do neno/nena ou Libro de familia.
2º- Certificado de matrícula e certificación académica (se vén doutro centro).
3º- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación, se é o caso.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN de solicitudes de admisión: do 11 ao 18 de maio de 2020, ambos inclusive (PREVIA CITA de 9:00 a 14:00h para a presentación de solicitudes no centro).

 

PRAZOS PROCESO: 

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

 

CITA PREVIA:

  • Chamando ao teléfono do centro: 886 151 572
  • Mediante correo electrónico indicando “ASUNTO: CITA PREVIA ADMISIÓN ALUMNADO” ao E-MAIL: ceip.carballeira@edu.xunta.es

 

RECOMENDACIÓNS:

  • Recomendamos asistir a cita con mascarilla, luvas…, se é posible.
  • Preferiblemente, o día da cita traían impresa e debidamente cuberta a solicitude xunto coas fotocopias da documentación necesaria, co fin de evitar ao máximo o contacto.

LEMBRAMOS

  • Só se pode presentar unha única solicitude por alumno/a no centro no que solicite praza no 1º lugar. Se non fóra así, perderanse os dereitos de prioridade.
  • Se hai alumnado matriculado neste centro que presenta solicitude de admisión noutro, deberá comunicalo ao centro de orixe.
  • O alumnado con praza reservada, se presenta solicitude noutro, debe comunicar a renuncia da reserva antes do inicio do prazo.
  • ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO: Parroquia de Lourizán, Pontemuíños e Avda Rosalía de Castro (desde intersección coa ponte da autoestrada AP-9, beirarrúa oeste).
  • SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: Transporte escolar, Plan Madruga e Comedor escolar.
AdxuntoTamaño
Documentación formalizar matrícula.pdf25.42 KB
Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031