Instruccións respecto da atención do alumnado en relación coa pandemia COVID-19

Estimadas familias, entre as medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid-19, o Acordo do Consello da Xunta do 12 de marzo prevé, entre outras, a adopción das seguintes medidas no eido educativo:

- O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos accesibles ao seu alumnado actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.

 

Informámosvos que nesta 2ª avaliación unicamente se vai avaliar da materia dada ata o día que se suprimiron as clases. Malia todo, para facilitar a continuidade do proceso de aprendizaxe do alumnado fóra do ámbito escolar, os equipos docentes e o restante profesorado elaboran propostas de actividades para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios, empregando os sistema de comunicación e información co alumnado e as familias a través das ferramentas ou plataformas coas que traballamos habitualmente (ABALAR, aula virtual…).

Aproveitamos, a ocasión para comunicarvos que este venres 3 de abril publicaremos os boletíns do alumnado correspondente á 2º avaliación e que poderedes consultar a través da aplicación abalarMóbil.

 

Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031