Fondo Solidario de libros de texto e Axudas para adquirir libros de texto e Material escolar para o curso 2019/2020.
Convocado o Fondo Solidario de libros de texto e as Axudas para adquirir libros de texto e Material escolar para o curso 2019/2020.
ORDE do 3 de maio de 2019 (DOG 20 de maio de 2019)
-
AXUDAS para adquirir LIBROS DE TEXTO, destinada ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, con renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 €.
-
FONDO SOLIDARIO de LIBROS DE TEXTO para o alumnado matriculado en 3º e 4º de Educación Primaria.
-
AXUDAS para adquirir MATERIAL ESCOLAR destinado a alumnado matriculado en Educación Primaria, con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €. A axuda será de 50 €.
PRAZOS PARA PRESENTAR SOLICITUDES:
Do 21 de maio ao 21 de xuño
MODO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
1. Preferiblemente de forma ELECTRÓNICA na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, incluindo o sistema de usuario e a Chave 365.
2. Opcionalmente na secretaría do centro ou en rexistros establecidos.
DOCUMENTACIÓN (Cando se autorice a consulta telemática)
-
Impreso de solicitude ED330B xunto co ANEXO II.
-
Fotocopia do libro de familia ou Sentenza de separación/Certificado de Convivencia/ Certificado de defunción.
(Situación real a 31 de decembro de 2017)
E de ser o caso:
- Certificado do grao de discapacidade (recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia)
- Documentación xustificativa de violencia de xénero.
PUBLICACIÓNS FONDO SOLIDARIO:
Datas límites:
-
LISTAXES PROVISIONAIS (3º e 4º) 11 de xullo 2019
-
LISTAXES DEFINITIVAS (3º e 4º) 19 de xullo 2019