Parroquia de Lourizán

Esta parroquia linda ó norte coa Parroquia de Salcedo e a Ría de Pontevedra,ó Sur coa Parroquia de Salcedo e a Parroquia de San Xulián de Marín,ó Leste con Salcedo e ó Oeste con San Xulián de Marín e a Ría.

Conta con 4.000 habitantes, aproximadamente, repartidos nas entidades de Agrovello, Carballeira, Caritel, Camboa, Cunchidos, Estrivela, Igrexa, Meán, Nogueiras, Outeiro, Pexegueiro, Praceres, Regueiriño, Rial, Rorís e Rozo.

DIsta 4 kms. da capital do concello e comunícase por medio da autovía Pontevedra-Marín. Existe tamén a estrada antiga por onde circula, principalmente, o transporte público.

Bañado por pequenos regatos, o término rexistra unha altitude máxima de 100 m. e os seus accidentes costeiros máis importantes son as puntas da Laxe da Rache e Cabo de Praceres, e as praias de Lourizán e Praíña.

A Parroquia conta con importantes restos arqueolóxicos. Precisamente o Colexio conta cuns petroglifos dentro do recinto escolar que se atopan inventariados pola Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental coa clave de identificación GA36038041, e foron declarados Bens de Interese Cultural mediante o decreto 3741/1974, do 20 de decembro, e aasí mesmo están incluídos no catálogo de xacementos arqueolóxicos protexidos polo PXOU de Pontevedra.
O lugar de maior interese para o visitante é a finca da familia Montero Ríos coñecida como o Pazo de Lourizán dedicado hoxe en día a centro de investigacións forestais. Tamén destacan a igrexa da Nosa Señora dos Praceres e a capela de Santo André.

A festa patronal celébrase o día 30 de novembro (Santo André). Tamén se celebra a Nosa Señora dos Praceres normalmente no mes de maio.

Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031