Actividades Complementarias e Extraescolares

CLASES DE XARDINERÍA NO COLEXIO DE ABELENDO

O alumnado do C.E.I.P. de Abelendo recibe, por ciclos, clases de xardineria no seu patio de recreo.

(Redacción 2º Ciclo de E.P.).- O pasado venres, 25 de xaneiro,  os alumnos e alumnas do Colexio de Abelendo-Moaña saíron por Ciclos ao patio de recreo para recibir clases de xardinería a cargo dun pai dunha alumna do centro.

As clases centráronse na poda de árbores e arbustos, pero tamén se puideron observar diferentes tipos de reprodución das plantas coma o esquexe e o acodo.

A actividade feita dentro da programación de VOZ NATURA - 2.008, foi todo un éxito. Os nenos e nenas fixeron moitas preguntas e disfrutaron dunha clase diferente.

 

 

P4300009.jpg

XA ESTÁ AQUÍ O ENTROIDO

Este ano o entroido chega tan axiña que nos vai quedar moi pouco tempo para elaborar os disfraces. Este ano os profesores-as, nenos e nenas e as familias terán que acelerar a súa imaxinación para crear os disfraces de "paises do mundo". A festa no cole é o día 1 de febreiro e o enterro da xoubiña o día 9.

CHEGOU O MAGOSTO

Como tódolos anos celebramos o S.Martiño xogando e comendo castañas, introdución da gran festa que celebrou a parroquia de Abelendo, onde está ubicado o colexio, para honrar ao seu patrón, tal e como conta o Faro de Vigo.
Se queres ver tódalas fotos visita a nosa galería.
Distribuir contido

Back to top