Actividades Complementarias e Extraescolares
OBRADOIRO INICIACIÓN Á DOBRAXE
O próximo mércores 27 de Abril, os nosos alumnos desde 2º a 6º de Primaria asistirán a un obradoiro onde aprenderán as técnicas da dobraxe. Os alumnos de 4º xa empezaron a facer unha pequeña práctica e nós só pensamos nunha palabra...XENIALES!!
CONCERTO DIDÁCTICO PARA OS ALUMNOS DE 5º E 6º DE PRIMARIA
Os alumnos e alumnas de Quinto e Sexto de Primaria asistimos ao Auditorio ABANCA para disfrutar do concerto didáctico “Estamos no verán!!!” de Xoán Curiel e a banda Son +2.
Saímos do cole e fomos andando ata o peirao para coller o barco. Cando chegamos a Vigo de camiño ao auditorio paramos a merendar na alameda da Praza de Compostela e ao rematar xogamos un pouco. Logo, fomos ao auditorio e disfrutamos do concerto de Xoán Curiel e a súa banda onde aprendemos os diferentes estilos musicais a través da súa música: Blues, Jazz, Reggae, Funky, Rock, Pop… Ao rematar o concerto, voltamos ao peirao de Vigo para coller o barco e subir nun autobús ata o cole, pero antes, como se retrasou o bus, puidemos ir ao parque un rato a xogar. Foi toda unha aventura!!
FESTEXAMOS A PASCUA
O pasado venres 18 de Marzo, festexamos no colexio a chegada da Primaveira e da Pascua. Os alumnos, desde os máis pequenos aos maiores, participaron en distintos talleres facendo coroas e pintando ovos; plantaron bulbos xunto cos seus desexos en macetas; comeron roscón con chocolate e fixeron unha caza de ovos de pascua participando en varios xogos populares. Qué ben o pasaron!!.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »