Actividades Complementarias e Extraescolares
FESTEXAMOS O DIA DO LIBRO
Hoxe 24 de Abril, festexamos o día do libro no colexio. Desde a Biblioteca xa viñéramos facendo actividades a semana pasada pero hoxe foi o gran día. Despóis do recreo os padriños e os seus afillados estiveron lendo no patio os seus libros favoritos. Despóis fixeron debuxos inspirados nas historias e para rematar cantaron todos xuntos a canción de Paco Nogueira "Un libro".
PASCUA 2017
Un ano máis festexamos a Pascua e a chegada da primaveira no Ceip de Abelendo. Os nosos alumn@s plantaron semillas, comeron roscón con chocolate, participaron en distintos xogos tradicionáis, fixeron un circuito de entrenamiento e para rematar a xa tradicional búsqueda de ovos de pascua. O pasaron xenial!. Con estas fotos desexamos a toda a comunidade educativa unhas felices vacacións e un bo descanso. Vémonos á volta!!.
INFORMACIÓN DO FACEBOOK DO CONCELLO SOBRE O ENTERRO DA XOUBIÑA
Á vista das previsións meteorolóxicas para mañá sábado, 4 de marzo, MANTENSE o desfile do Enterro da Xoubiña tal como estaba programado.
Mañá ás 16:30 horas as comunidades educativas de todos os centros de ensino infantil e primario do Concello encherán o paseo do Con coas súas carrozas e disfraces. A saída cara o contormo do palco da música está prevista para as 17:00 horas.
NOTA ENTERRO DA XOUBIÑA
O día de onte celebrouse unha reunión no Concello na cal, ante a previsión dunha tregua da chuvia durante a celebración do Enterro da Xoubiña, acordouse manter o desfile para mañá sábado. Como noutros anos, está previsto quedar os participantes e as carrozas no Con ás 16:30 horas para saír o desfile ás 17:00 horas. Se mudasen as previsións metereolóxicas, suspenderíase. Haberá unha noticia no facebook do Concello hoxe ás 21:00 confirmando o desfile ou anunciando a súa suspensión.
Animamos a toda a comunidade escolar do CEIP Abelendo a participar mañá, se o tempo o permite, neste acto.
A dirección e ANPA do CEIP Abelendo
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »