Promoción 2013
Recomendacións lectoras de 5º
O 23 de abril conmemórase o Día do Libro e, para celebralo, os alumnos e alumnas de 5º prepararon unhas breves fichas bibliográficas sobre os seus libros preferidos. Nelas ademais explícannos por que os recomendarían a outros nenos e nenas.
Podedes descargar as súas recomendacións no ficheiro achegado.
Os lugares máis extremos do planeta
Sabes cal é o lugar máis frío da Terra? E o máis húimido?
Os alumnos e alumnas de 5º fixeron unha pequena investigación sobre algúns dos lugares máis extremos do noso planeta e plasmaron os seus coñecementos nun mapa interactivo. Atréveste a acompañarnos nesta viaxe tan sorprendente?
25N: Todos contra a violencia
Este 25 de novembro puxémonos reivindicativos e creamos os nosos propios carteis para loitar contra a violencia contra as mulleres. En clase fixéramos un percorrido polos carteis máis famosos da historia e as súas mensaxes, pero esta era a primeira vez que faciamos carteis en formato dixital. A verdade é que os resultados foron abraiantes.
Queredes comprobalo? Pois botade un ollo á nosa exposición dixital!
Podedes velos un pouquiño máis grandes nesta ligazón.
Uns dentistas moi creativos
Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria convertíronse en dentistas por un día e axudaron a catro pacientes moi especiais que perderan os dentes. Botando man duns cantos lapis de cores e algúns rotuladores conseguiron devolverlle o sorriso a un neno, un coello, un león e un extraterrestre. De paso aproveitamos para traballar diferentes trazos e diferentes técnicas co material de Educación Plástica.
Estes son os sorrisos creados polo alumnado.