Experimentando cos sentidos e os alimentos
No ámbito de Ciencias estivemos traballando o corpo humano e a alimentación saudable. O alumnado fixo un plato de Harvard recortando imaxes de alimentos e pegándoos nas zonas correspondentes.
Ademais, aproveitando que aprendemos sobre os sentidos, hai unhas semanas recibimos unha visita de Andrea, unha gran enóloga que organizou un obradoiro sensorial para todo o alumnado de 1º de Primaria.
Nesta actividade aprenderon a diferencia entre os sabores e os aromas e puideron experimentar cos sentidos do olfacto e do gusto. Pasárono de marabilla xogando a recoñecer diferentes aromas e a saborear diferentes alimentos!