Inglés

JACK O'LANTERN

Logo de aprender o vocabulario en inglés de Halloween, o alumnado de 1º e 3º de primaria fixo unha actividade de realidade aumentada que consistiu en decorar e elaborar as súas Jack o' lantern e logo ver como cobraban vida, foi moi divertido!!!

Aquí vos deixo o enlace para acceder ás fotos:

https://photos.app.goo.gl/PYkB5ci8SXpTfZCv5

WELCOME CARLOS

O vernes démoslle a benvida ao noso auxiliar de conversa que nos acompañará ao longo deste curso: CARLOS. Ven de Filipinas e xa nos contou cousas moi interesantes do seu país e da súa familia.

RECIPE 6º EP

O alumnado de 6º de primaria estivo traballando a redación dunha receta en inglés e tamén quixeron traer unha mostra da mesma.

Que rico estaba todo!!

SPRING WEEK

A semana pasada o alumnado de 6º de primaria conviviu con outros alumnos e alumnas de toda Galicia nunha semana de inmersión lingüística en inglés en Mondariz, onde tiveron realizaron actividades como tiro con arco, jincana, beach volley, montar a cabalo, geocaching e unha excursión ao Castelo de Sobroso. As noites estiveron cheas de emoción con actividades como Werewolves, Furor, Karaoke e disco.

PUSS IN BOOTS

O alumnado de 6º de primaria representou a obra de teatro "Puss in Boots" (El Gato con Botas).

Aquí vos deixo a mostra da representación.

Parabéns!! Fixéstelo xenial!

CHAMELEON THEATRE

O vindeiro luns 18 o alumnado do centro desprazarase ata o Centro Social de Abanqueiro para asistir a unha representación teatral en inglés ofrecida pola compañía madrileña Chameleon.

Estas son as obras ás que asistirá o alumnado en función do seu nivel:

       

PEN-PALS FROM RUSSIA

Este ano fixemos uns amigos en Rusia e gravamos este video para respostar as súas preguntas. Nós tamén quixemos sabes cousas sobre eles.

 

DRESSING UP FOR CARNIVAL

Boas familias,

Hoxe en 3º de primaria rematamos a unidade 3 sobre a roupa xogando ao "Impostor". Cadaquén disfrazouse cos accesorios que quixo sobre o vocabulario desta unidade e a través da estructura gramatical "Is he/she wearing...? Yes, he/she or No, he/she isn't" o alumnado debía adiviñar quen era o impostor. 

Pasamos un rato divertido e puxemos en práctica todo o aprendido durante estas sesións previas. Aquí vos deixo unha pequena mostra.

ONE EURO CHALLENGE

O alumnado de 5º de primaria participou no seguinte reto:

"Cadaquén tiña que mostrar cousas que puideran mercar cun euro"

Parabéns para todos, estou moi orgullosa do voso traballo!!

Déixovos o vídeo a continuación:

LEARNING STATIONS

Este curso continuamos poñendo en práctica as estacións de aprendizaxe (learning stations) onde adicamos unha estación a cada unha das 4 destrezas: listening, reading, writing and speaking. O resultado é sempre moi positivo.

Nesta ocasión o alumnado de 4º de primaria está repasando as horas e as rutinas diarias.

MY RECIPE

Estas semanas o alumnado de 6º de primaria estivo aprendendo a redactar unha receita en inglés.

Fixeron as súas presentacións e puidemos degustar os deliciosos pratos que elaboraron. 

Esta recetas formarán parte dun recetario que imos elaborar en varios idiomas.

Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración. Estaba todo riquísimo!!

TEATRO INGLÉS EN SANTIAGO

 

O alumnado de 3º a 6º de primaria asistiu o pasado 17 de febreiro a unha obra de teatro en inglés: Treasure Island. Aproveitamos a visita para coñecer o Museo do Pobo Galego e o Museo de Arte Contemporáneo.

 

 

HALLOWEEN ENGLISH ACTIVITIES

Ao longo desta pasada semana estivemos aprendendo e repasando vocabulario sobre Halloween a través de xogos, cancións e vídeos.

Que ben o pasamos!!!

SPEAKING ACTIVITY 4º

O alumnado de 4º estivo repasando o contido desta unidade 1: Physical Description cun xogo moi divertido onde tiñan que adiviñan quen era o intruso empregando para iso preguntas co verbo Have got.

VIDEO RESUMO PROGRAMA EDUEXCHANGES

Aquí vos deixo un pequeno video resumo da nosa participación no programa EduExchanges promovido pola Consellería de Educación. Estas foron algunhas das  actividades levadas a cabo ao longo deste curso co alumnado de 5º de primaria e o centro Eskisehir Barbaros Primary School de Turquía.

Distribuir contido