Estimadas familias, aquí vos deixamos algunhas das actividades que se propoñen para o mércores 1 de abril. Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. Primeiro rodeamos no calendario o día que é hoxe(poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no calendario o tempo que fai. Tamén lle podedes dicir que hoxe estamos de estreno, comeza o mes de Abril, estación( que fai uns días que comezou) e o ano no que nos atopamos. Estes días tamén podemos converter nunha rutina o de debuxar na manciña un virus( con rotulador),como xa vos dixen anteriormente , para que laven moi a miúdo as mans e ese "maldito" virus desapareza canto antes. Podedes facer un rexistro, é dicir, apuntar a diario se o conseguimos ou non, borrar o debuxo. Vamos a continuar co reto dos SÚPER HEROES e HEROÍNAS. Durante os próximos días imos a crear o noso SÚPER HEROE. Imos precisar: Un nome. Un símbolo que o represente. Un traxe. Un compañeiro. Polo tanto, hoxe imos a comezar por inventar o seu SÍMBOLO. Recordade que somos SÚPER HEROES que loitamos contra o Coronavirus. Sede creativos e deixade voar a vosa imaxinación. A última actividade proposta para o día de hoxe é a seguinte: PRIMAVERA COLORIDA. Imos a realizar unha actividade na que a maxia xoga un papel súper importante. Para realizala precisamos: Papel de cociña. Rotuladores de cores( preferiblemente permanentes). Un recipiente con auga fría. Os pasos a seguir son os seguintes: Primeiro dobramos o papel á metade. Seguidamente por un lado do papel facemos o debuxo e coloreámolo ao noso gusto( recordade que ten que ser con rotuladores). A continuación, polo outro lado do papel calcamos a silueta do debuxo. Unha vez que teñamos o debuxo feito, vén o momento da MAXIA!!!! Metemos o debuxo no recipiente con auga, coa parte da silueta mirando cara a nós e toca agardar un pouquiño e ver o que sucede. A disfrutar das actividades!!!!!! Unha aperta para tod@s!!!!!!
|
|||||||