Actividades para o mércores 1 de abril de 2020.

Estimadas familias as actividades para o día de hoxe son as seguintes:

Rutinas: igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o mes (recordade que hoxe comeza o mes de abril), o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola.

Podemos convertir tamén nunha rutina o de debuxar o virus na man, para que laven a miúdo as manciñas e desparezca dunha vez por todas este virus que nos está a visitar. Podedes facer un rexistro de cada día para ver se conseguiron ou non eliminar o virus da man.

Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica, documento que deixamos colgado xa en días anteriores.

Deixamos nos documentos adxuntos o calendario do mes de abril.

Seguimos sendo súper heroes: durante os próximos días imos a crear ao noso súper heroe. 

Teremos que inventarie un nome, un trace, un símbolo que o represente e un compañero ou compañeira.

Hoxe imos comezar por inventar o seu símbolo. Recordade que somos súper heroes que loitamos contra o coronavirus.

Dádelle renda solta á vosa creatividade!!!

Primavera colorida: hoxe imos a facer unha actividade na que a maxia xoga un papel moi importante.

Para realizar a actividade necesitamos:

Papel de cociña.

Rotuladores, preferiblemente permanentes.

Un recipiente con auga fría.

Os pasos a seguir son os seguintes:

1. Collemos unha folla de papel de cociña e doblámola pola metade.

2. Por un lado do papel facemos o debuxo e coloreámolo como nos guste cos rotuladores.

3. Polo outro lado, calcamos a silueta do debuxo.

4. Agora, co debuxo feito, ven o momento da maxia. Metemos o debuxo no recipiente coa auga, coa silueta mirando para nós, e… toca agardar para ver que sucede.

Deixamos unhas fotografías para mostrarvos como pode quedar.

Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor maneira de aprender é xogando.

Se tendes calquera dúbida coas actividades poñédevos en contacto con nós a través do mail da aula: abanqueiroinfantil5anos@gmail.com

 

Un saúdo e un abrazo da profe.

AdxuntoTamaño
CALENDARIO ABRIL.pdf112.61 KB