ACTIVIDADES PARA O MARTES 31 DE MARZO Comezaremos como tódolos días no cole coas Rutinas. Primeiro rodeamos no calendario o día que é hoxe(poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no calendario o tempo que fai. Tamén lle podedes recordar en que mes, estación( que fai uns días que comezou) e o ano no que nos atopamos. Estes días tamén podemos converter nunha rutina o de debuxar na manciña un virus( con rotulador),como xa vos dixen anteriormente , para que laven moi a miúdo as mans e ese "maldito" virus desapareza canto antes. Podedes facer un rexistro, é dicir, apuntar a diario se o conseguimos ou non, borrar o debuxo. Para seguir coa misión de Súper Heroes e Súper Heroínas, hoxe propoñémosvos un xogo de bolos, e algúns diredes,pero se nos non temos bolos na casa...Non vos preocupedes, aquí explicamos como facer un bolos nun "plis plas". Precisamos dez botellas de plástico ou ben dez tubos de cartón. En cada un deles debuxade un virus, xa que o obxectivo desta actividade e desfacernos de cantos máis virus mellor. Unha vez que xa tedes os bolos ben bonitos e ben decorados cos vosos virus, toca comezar a xogar. Para elo precisamos unha pelota pequena e a tirar....De cada partida tedes que preguntarlle ao neno/a cantos virus conseguiu vencer( deben contar) isto podédelo rexistrar nunha ficha( ADXUNTO). Recortádelle vós os números, xa que son moi pequenos para poder facelo eles. Ademais tamén vos adxunto unha recta numérica, por se lle custa recoñecer algún número. Estes son algúns exemplos de como poden facer e decorar os seus propios bolos. Outra das propostas para o día de hoxe é a seguinte: sacar fotos a aqueles obxectos que teñades na vosa casa e cuxa inicial coincida coa do voso nome( mamis e papis se lles custa un pouquiño votádelle unha manciña). Podedes mandarnos foto da actividade, por favor co seu nome). MARÍA Xa para rematar podedes elixir unha ficha de lóxica- matemática ou de grafomotricidade, a que máis vos apeteza. Un saúdo. Calquera dúbida aquí estamos para o que precisedes.
|
|||||||||