Hello kids! Que tal estades? Teño unha proposta de actividade para English que pode ser moi divertida! Xa que estabamos aprendendo o vocabulario da Family, que vos parece se facemos un Family Tree? Para facer o FAMILY TREE, a nosa árbore familiar, necesitaremos pinturas e fotos da nosa familia! Necesitamos: - Unha foto nosa - Unha foto de mamá e outra de papá - Unha foto da nosa irmá ou do noso irmán, se temos! Se non tedes irmás, podedes poñer unha foto ou un debuxo da vosa mascota. Sede creativos! Vouvos deixar aquí unha imaxe de exemplo e unha plantilla por se vos serve para imprimir ou inspirar your Family Trees, pero tamén podedes facelo nunha cartulina, pintar a vosa propia árbore, facer un collage, pegar as fotos ou debuxos que queirades...O importante e que poñades o seguinte: - o título MY FAMILY TREE (para os máis pequenos de 3 anos, papá e mamá poden escribir o título e as palabras e vos decorades o debuxo!) - Debaixo das fotos, poñer MUM (mamá), DAD (papá), ME (aquí vai a vosa foto), BROTHER (se tedes un irmán), SISTER (se tedes unha irmá). - Se queredes engadir máis familia, como GRANDPA (avó) e GRANDMA (avoa) tamén podedes! Se vos animades a facer esta actividade, por favor enviádeme ao meu correo unha foto do voso traballo! Shadia.correo.mestra@gmail.com
|
|||||||||