ACTIVIDADES INGLÉS LUNS 16 E MARTES 17

Boas tardes:

 

Esta mañán teríamos clase de inglés como cada luns, pero por motivos de seguridade debemos quedarnos todos en casa, xa veredes como entre todos seremos capaces de superar ao Coronavirus e pronto volveremos a estar todos xuntos. O importante é que fagades moito caso estes días aos vosos pais e nais porque tamén é unha situación difícil para eles.

 

Eu vou a deixarvos algún traballo para esta semana, tendo en conta que a partir do xoves non teríamos clase por ser festivo e ponte.

 

- Por unha banda, escribide tódolos días a data en inglés, así practicades a diario e evitamos olvidarnos do aprendido.

- Podedes empregar o CD que trae o voso libro de texto para repasar as cancións.

- Carguei varias fichas nos vosos cadernos do PAST SIMPLE TO BE, nesta ocasión poderei revisar dende a casa o voso traballo. Recórdovos a dirección para acceder e como sería o voso usuario e contrasinal tal e como fixemos na aula de informática un montón de veces:

Acceder a Liveworksheets

Usuario: a primeira sílaba do voso nome e apelidos. Ex: Rodrigo Pérez Álvarez sería ropeal

Contrasinal: a vosa data de nacemento. Ex: 1 de abril de 2008, sería 010508.

- Se queredes repasar o vocabulario destas unidades xogando, podedes acceder a Oxford Online Learning Zone e premer no voso nivel.

 

O vindeiro luns colgarei máis actividades.

 

Moito ánimo, portádevos ben e vémonos pronto.

 

A vosa profe de inglés: Arancha