Xa comenzamos a traballar no novo proxecto eTwinning "Our World, My World" e a primeira actividade planificada foi deseñar un logo que represente o proxecto. Neste caso foron os alumnos de 5º de primaria os encargados de deseñar dito logo. Para esta tarefa tiveron total liberdade en canto ao agrupamento, algúns decidiron facelo en parellas e outros de forma individual. Empregaron os Ipads e a aplicación Poster my wall e deseñaron en total 4 logos diferentes. Ao longo desta semana o resto de alumnado do centro procedeu á votación do logo para escoller o que nos representará no proxecto eTwinning. E este foi o logo seleccionado: Este logo foi deseñado por Paula e Nerea de 5º EP. Posteriormente todos os países participantes procederemos á votación do logo que representará o proxecto a nivel europeo. A ver se hai sorte!! |
|||