Grazas a participación nos Contratos-Programa e a unha aportación complementaria do centro, o alumnado do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro poderá traballar con Ipads dentro das aulas. O traballo a realizar sempre estará dirixido e supervisado polo mestre que desexe utilizalos. E xa están preparados e configurados para ser estreados esta semana polo alumnado de 6º de primaria que participará no proxecto eTwinning "Digi Lessons" e polo alumnado de 4º a través da aplicación de aprendizaxe e avaliación de linguas estranxeiras "The Language Magician", e están todos ansiosos. Esperamos que esta medida sirva para reforzar os contidos expostos nas sesións a través doutros medios grazas á motivación que lles aportan os dispositivos electrónicos. |
|||