Informamos que está aberto o prazo de matrícula para o curso 2018-2019 para o alumnado que se matricula por primeira vez ou para os que cambian de centro. O prazo para presentar as solicitudes abrangue dende o día 1 ata o 20 de marzo. A solicitude da matrícula pódese recoller na conserxería do colexio ou cubrila online na aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado e entregala posteriormente na secretaría do centro educativo. |
|||