Antroido 2014

Esta semana que entra celebramos o Antroido. "A ceboliña" xa está preparada para darnos as súas ordes.

Luns:
O luns pola albotrada
Nada verás
por eso gafas traerás.

Martes:
Polo martes ó mencer
Unhas folliñas de árbore
Na cabeza tes qie traer

Mércores:
Arremanga o pantalón
Para ver
un calcetín de cada cor

Xoves:
O xoves pola mañanciña
O pixamiña
Non me quito de enriba

E o venres 28, toca disfrazarse. Tódolos cursos están preparando con esmero as disfraces que lucirán o venres e que, se o tempo acompaña, se desfilarán por Exipto.

O tema dos disfraces é "As árbores, os montes e o seus personaxes".

E por suposto, non faltará o venres unha degustación dos productos típicos do Antroido.