Do carnaval á coresma

                                      

 

 

 

 

A coresma e o carnaval están relacionados histórica e socialmente.

No carnaval levábanse a cabo actividades lúdicas e de divertimento para logo suprimirse na coresma.

A palabra carnaval vén do latín CARNE-LEVARE,que quere dicir levar a carne;isto iba asociado á coresma,periodo onde non se podía comer carne(debido a isto, como non se podía conservar moito tempo comíase toda  no carnaval,dahí veñen os escesos das comilonas .

  A coresma dura 40 días,tempo no que os cristiáns preparan a celebración da Pascua e a Paixón de xesús,recordando os días en que xesús se retirou ao deserto.O número 40 ten un sentido simbólico na biblia:indica un periodo de tempo longo(40 días do diluvio,40 días que tardaron os israelitas en cruzar o desrto do Sinaí,40 días que predijo Jonás para a destrucción de Babilonia ,…).O nº 40 noutras culturas pasou a representar os feitos negativos (a cuarentena,…).

         

Na coresma herdamos as privacións corporais:xesún e abstinencia (mércores de cinza e venres santo) ,supresión de festexos ruidosos;no interior das igrexas suprímense os adornos,non se reza o gloria,…) ,pero o seu sentido verdadeiro é outro,auí temos dúas mensaxes bíblicas:

1-O profeta Isaías criticaba estas prácticas,dicía que a Deus nin lle vai nin lle vén con que quededes sen comer,nin que vos poñades vestidos de tela áspera ou vos cubrades a cabeza con cinza; Deus o que quere é que atendades aos necesitados,…,que practiquedes a XUSTIZA.

2-Xesús , co seu estilo de vida,diferente aos seus contemporáneos,dicía:O que mancha ao home non é o que entra pola boca,senón o que sae do corazón,non as cousas que toca,senón as accións  que fai.

É dicir,o sentido auténtico da coresma non é privarse de certos alimentos ou cousas senón a conversión interior,isto é,seguir obrando según os VALORES EVANXÉLICOS propostos por Xesús.

AdxuntoTamaño
CARNAVAL Á CORESMA.doc787.5 KB