O alumnado de 4º estivo levando a cabo ao longo dunha semana o proxecto The Language Magician. Primeiro fixemos distintas actividades na aula e no salón de actos cun enfoque totalmente lúdico que nos serviu para repasar diferentes temáticas que logo lles farían falla para converterse en aprendices de bruxos e salvar aos animais que Winivil, un mago malvado, tiña secuestrados no alto dunha torre. O último día se adentraron no videoxogo a través do uso de Ipads, onde tiveron que ir resolvendo actividades orais e escritas en inglés para conseguir liberar aos animais. Fixérono moi ben e foi unha aventura emocionante! |
|||