Esta mañá, o alumnado de 6º de primaria participou nunha videochamada con alumnos doutros países participantes no proxecto eTwinning deste curso: LINGOTURE, que se centra no intercambio cultural. Nesta ocasión participaron nenos e nenas de Turquía, Croacia, República Checa, Polonia e nós de España. Hai que ter en conta que moitos deles están confinados nas súas casas, polo que a conexión foi individual. Na sesión os alumnos puideron presentarse empregando o inglés como lingua para comunicarse e tamén cantamos e bailamos algunha canción todos xuntos. Foi moi divertido e emocionante, esperamos poder repetir esta experiencia. Esta é unha pequena reportaxe da sesión: |
|||