ENGLISH_ Letter C e tarefa de despedida

Good morning!

How are you today?

Xa non queda nada para rematar o curso! E por iso esta semana faremos unha actividade especial!

Primeiro, para os que queiran rematar o ABC coa letter C, aquí tedes as dúas opcións que preparei! CANDY (caramelo) e CAR (coche):

E logo temos a tarefa especial HAPPY SUMMER! ( lembrade que HAPPY é "feliz, alegre" e SUMMER é "verán"), na que faremos uns pósters chulísimos cun debuxo veraniego e escribindo esta mensaxe en English para desexarlles aos nosos compañeiros e compañeiras un bo verán.

        

Aquí tedes o vídeo no que explico a tarefa ensinando como fixen os meus pósters:

HAPPY SUMMER SPECIAL ACTIVITY

Eu utilicei cartulina branca e témperas das que usan os nenos, xa que é como millor queda o debuxo para logo escribir a mensaxe con rotulador por encima, pero podedes utilizar lapis de cores ou acuarelas. Non recomendo ceras brandas ou manley porque logo é complicado utilizar o rotulador, pero se as queredes utilizar logo tedes que escribir a mensaxe na parte do folio no que non teña debuxo. Tamén podedes facer un collage, ou utilizar anacos de papel de cores... Aquí tedes máis deseños para despertar a vosa creatividade:

Esta será a nosa última tarefa de English! Por iso, cando rematedes o póster, facervos unha foto con él, e así cando eu reciba todas as vosas fotos publicareinas na web como mensaxe de despedida. Publicareinas o venres 12 de xuño así que tedes ata o xoves 11 para enviarme as fotos!

Unha aperta moi grande!