Actividades para a semana do 18 ao 22 de maio.

Estimadas familias e estimado alumnado, as actividades para esta semana (18 ao 22 de maio) son as seguintes:

Luns 18 de maio:

Estimadas familias, rogamos que revisedes as actividades do mércores 20 de maio, pois queremos realizar un experimento e igual precisades algún material.

Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola. 

Recordade pintar cada día como vos sentides na nosa flor das emocións do mes de maio. Así, cando remate este mes, poderedes ver como vos fóstedes sentindo ao longo do mesmo.

Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica.

Actividades impresas: hoxe traballaremos unha actividade de lóxica matemática (Documento adxunto) e unha actividade de lectoescritura (Documento adxunto). Faredes as actividades marcadas como Actividade 1. Esta actividade é obrigatoria.

SCAPE ROOM: Ricardo Carvalho Calero!!

Onte foi 17 de maio e celebramos o Día das Letras Galegas. Este día vense celebrando dende hai 57 anos. Cada ano faiselle unha homenaxe a un autor ou autora que destacou pola súa obra en lingua galega ou pola defensa desta lingua. A primeira homenaxeada foi no 1963 Rosalía de Castro, recordades que xa na escola falamos dela!

Este ano o homenaxeado, como puidéchedes ver na publicación do día de onte, foi Ricardo Carvalho Calero.

Hoxe propoñémosvos un SCAPE ROOM, é dicir, un xogo de pistas relacionado con este autor. Esperamos que vos guste. Clicade no enlace e a disfrutar!!

https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentation-letras20 

Deixovos tamén un marcapáxinas (documento adxunto) deste autor, para que o recortedes e o empreguedes nos vosos libros, así como unha medalla das Letras Galegas (documento adxunto), que podedes decorar como máis vos guste. 

Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando.

Martes 19 de maio:

Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola. 

Recordade pintar cada día como vos sentides na nosa flor das emocións do mes de maio. Así, cando remate este mes, poderedes ver como vos fóstedes sentindo ao longo do mesmo.

Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica.

Batalla de letras: Esta actividade é obrigatoria. Hoxe imos a facer un xogo moi divertido. Faremos unha batalla de letras. Estou segura de que xa xogáchedes moitas veces a  algo parecido en psicomotricidade, pero desta vez en lugar de facelo con pelotas farémolo con letras. Para realizar esta actividade necesitades ser dous xogadores.

Para realizar esta actividade necesitades varios “recuadros” (deixo un modelo no documento adxunto) Podedes empregar o modelo ou dividir un folio, folla de libreta,… en catro.

Unha vez que teñas os “recuadros” terás que decidir se queres xogar cos nomes dos teus compañeiros e compañeiras da clase, ou cos nomes dos membros da túa familia. Unha vez que tomes esta decisión, terás que escribir os nomes que queres empregar nun folio en branco. Logo, en cada “recuadro”, terás que escribir cada letra dos nomes que elixiches. Terás tantos “recuadros” como letras teñan os nomes cos que decidiches xogar. Por último terás que recortalos. Debera quedar algo parecido ao da imaxe. 

Cando temos todas as letras escritas facemos boliñas de papel con elas. A continuación facemos un campo de xogo na casa, podemos facelo tan grande como queiramos, tendo en conta que, canto máis grande é máis complicado é o xogo. Unha vez que temos o campo, dividimos as boliñas de papel á metade.

Logo cada xogador colócase no seu campo e comeza a partida: cada xogador deberá tirar ao campo contrario as boliñas de papel que ten na súa área de xogo. O tempo estimado para o lanzamento decidirédelo vós, con un minuto debera chegar. Trátase de conseguir que nos queden o menor número de boliñas de papel no noso campo.

Cando o tempo remate, contamos cantas boliñas nos quedaron no noso campo e abrímolas. Vemos que letras temos e intentamos formar unha ou varias palabras con elas. Se non somos capaces de compoñer a palabra, podemos buscar palabras polas letras que nos quedaron no campo.

Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando.

Mércores 20 de maio:

Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola. 

Recordade pintar cada día como vos sentides na nosa flor das emocións do mes de maio. Así, cando remate este mes, poderedes ver como vos fóstedes sentindo ao longo do mesmo.

Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica.

Actividades impresas: hoxe traballaremos unha actividade de lóxica matemática (Documento adxunto) e unha actividade de lectoescritura (Documento adxunto). Faredes as actividades marcadas como Actividade 2. Esta actividade é obrigatoria.

Deixovos un enlace a un xogo para que fagades antes da actividade de lóxica – matemática: http://www.penyagolosaeduca.com/ca/series-bajando-la-escalera/

Hoxe faremos un experimento:CORRENTES DE AZUCRE!!

Para facer o experimento de hoxe necesitades:

  • Chocolates de cores, tipo lacasitos ou emanems.
  • Auga quente.

Preparación:

Nun plato pequeno, tapa ou tapón, unha serie de chocolates diversos de cores, facendo unha serie, podemos facela de tantas cores como nós queiramos, pero é necesario que as cores se vaian intercalando. A continuación añadimos unha pouca de auga quente para crear unha fina capa de líquido. E esperamos os resultados. Veredes como as cores se irán fundindo sen mesturarse entre elas.

Nota: non hai que añadir moita auga, soamente que lles chegue aos chocolates pola metade.

                

Deixámosvos tamén un vídeo no cal se ve o proceso.

 

Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando.

Xoves 21 de maio:

Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola. 

Recordade pintar cada día como vos sentides na nosa flor das emocións do mes de maio. Así, cando remate este mes, poderedes ver como vos fóstedes sentindo ao longo do mesmo.

Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica.

Actividades impresas: hoxe traballaremos unha actividade de lóxica matemática (Documento adxunto) e unha actividade de lectoescritura (Documento adxunto). Faredes as actividades marcadas como Actividade 3. Esta actividade é obrigatoria

CAIXAS MUSICAIS: 

Para xogar e aprender

Son moitos os beneficios que as cancións poden ter nos vosos fillos/-as cunha sinxela pero moi entretida actividade para xogar. Cantando con eles e aprender moito máis que música.

É a «caixa de cancións»: unha caixa contedora de caixiñas, con cancións coñecidas polos nen@s, que iremos sacando e cantando, de unha en unha. Ademais de cantar, exploran outros terreos moi importantes como normas de xogo, autocontrol, motricidade fina, estimulación sensorial, relación abstracta de obxecto-canción, linguaxe, etc. É unha actividade moi completa!

Como facer unha caixa de cancións?

Pois o que necesitarás son cousas que seguro atopas pola casa:

1 Caixa grande con tapa. Será a caixa onde gardaremos todas as caixiñas pequenas coas cancións.

2 Caixiñas pequenas. Necesitarás tantas caixiñas como cancións queiras cantar. Podedes empezar con 5 e logo ir ampliando buscando. Se é posible, variedade tanto na forma, no material e na maneira de abrilas. Así conseguiremos estimulalos psicomotriz e sensorialmente. Se non dispoñedes de caixiñas esta é unha posibilidade (collemos tubos de papel hixiénico , dobramos os extremos e listo!

3 Obxectos pequenos ou tarxetas. Tantos como caixiñas pequenas e de medidas que poidan meterse nelas. Estes obxectos serán os que nos evoquen a canción a cantar polo que deberías de pensar primeiro cales son as cancións máis cantadas na casa ou polos vosos fillos/-as, cancións infantís, panxoliñas... Etc. Logo buscade obxectos pequenos que as simbolicen, procurando variedade de materiais e texturas (por exemplo un botón para a canción “Debaixo dun botón”.

Outra opción é utilizar papeis co título das cancións, palabras ou debuxos coas que as poidan relacionar. 

Para crear a caixa só tes que ir introducindo cada obxecto nunha caixiña e logo, todas na caixa grande e xa tedes a «caixa de cancións» lista para utilizar.

Os nen@s poden colaborar con vós ou podédelos sorprender.

Elixide cancións que lles gusten, poden ser: panxoliñas, de rock, pop ou o estilo que sexa!!.

Como se xoga coa caixa de cancións cos nenos?

1º Buscade un espazo onde reunirvos todos os que vaiades a xogar.

2º Poñémonos diante da caixa e por turnos, collemos unha caixiña e abrímola para descubrir que contén… sacamos o obxecto.

3º  Colocamos o obxecto sobre a caixa, para velo. Agora pensamos que canción nos recorda e cantámola.

4º Gardamos o obxecto na caixiña extraída e deixámola a un lado.

Continúa o xogo ata que cantemos todas as cancións. Procurade cambiar de vez en cando os obxectos de caixiñas así sorprenderanse cada vez que xoguen.

É un recurso xenial, divertido e moi útil para cando queirades tranquilizar os ánimos.

Anímovos a poñelo en práctica, e xa me contaredes que vos pareceu o xogo, que cancións escolledes...

Deixámosvos un vídeo de como se xoga.

Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando.

Venres 22 de maio:

Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola. 

Recordade pintar cada día como vos sentides na nosa flor das emocións do mes de maio. Así, cando remate este mes, poderedes ver como vos fóstedes sentindo ao longo do mesmo.

Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica.

Actividades impresas: hoxe traballaremos unha actividade de lóxica matemática (Documento adxunto) e unha actividade de lectoescritura (Documento adxunto). Faredes as actividades marcadas como Actividade 4. Esta actividade é obrigatoria.

HOXE TOCA O RETO DA TEA DE ARAÑA!!!

Que vos parece se hoxe facemos o reto da tea de araña? Este reto consiste en crear un pequeño circuíto con lá ou cintas. Tendes que facer un circuíto como se vós fósedes unha araña. Podedes facelo con sillas ou pegando as cintas ou a lá á parede (a cinta de carroceiro ou pintor non suele levantar a pintura)

Unha vez que teñades o voso circuíto feito tan só tendes que intentar pasalo de diferentes maneiras.

Déixovos unhas imaxes, así como uns vídeos para que poidades coller algunha idea. Estou segura de que o ides a pasar xenial.

    

https://pin.it/74Uqr6m

Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando.

Deixo unha serie de actividades de ampliación por se as queredes facer, aínda que eu non as recomendo, pois xa bastante traballo teñen coas actividades que deixamos propostas. Recordade que nós na aula non facemos máis de dúas actividades impresas diaria. (Documento adxunto, actividades de ampliación)

O máis importante na vida dun neno é o xogo e o movemento, polo que xogade, xogade moito con eles.

Tamén podedes leer un anaquiño todos os días, a hora de ir para a cama é un bo momento.

Se tendes calquera dúbida coas actividades poñédevos en contacto con nós a través do mail da aula: abanqueiroinfantil5anos@gmail.com

 

Un saúdo e un abrazo da profe.

AdxuntoTamaño
Lectoescritura seman 18 ao 22 de maio.pdf1.12 MB
Actividades lóxica matemática 18 - 22 de maio.pdf288.4 KB
Marcapáxinas.pdf291.73 KB
LETRAS GALEGAS 2020.pdf62.69 KB
Recuadros. Batalla de letras.pdf12.94 KB
Actividades de ampliación. Semana 18 ao 22 de maio.pdf585.97 KB