Traballo para o mércores 13

Bos días!

O traballo para o mércores será:

- Matemáticas: Como falamos onte na videoconferencia faredes o exercicio 1 da páxina 156.

- Lengua: Hoxe propóñovos un relato en cadea. Debe ter menos de 100 palabras e comezar por "Al final del pasillo..."

Tedes máis información e uns consellos no documento impreso.

Esforzádevos e escribide o relato que vos gustaría ler.

- Sociais: Continuamos con Goya. Na páxina do Museo del Prado temos acceso á súa obra. Mirade os diferentes cadros que pintou, escollede o voso favorito e dicídeme por que o escolledes.

A dirección é: 

https://www.museodelprado.es/coleccion/artista/goya-y-lucientes-francisco-de/39568a17-81b5-4d6f-84fa-12db60780812

Todos debedes entregar esta tarefa.

- Naturais: Experimentos.

Ademais dos que tedes no documento impreso podedes probar un terceiro experimento que consiste en apagar unha candea co gas que se produce como resultado da reacción química entre o bicarbonato e o vinagre. Para este último experimento acendede unha cadea (Coidado! Pide axuda se o precisas) e coloca nun vaso unha cantidade como un dedo de vinagre. Mestura unha cullerada de postre de bicarbonato e achega o vaso á candea, lixeiramente inclinado. Vai achegándoo pouco a pouco e observa que ocorre coa chama.

Tede moito coidado co lume, e desfrutade da química!

Entrega para corrixir o grupo 3. A tarefa de sociais todos os grupos.

Saúdos!