Estimadas familias e estimado alumnado, as actividades para esta semana (11 ao 15 de maio) son as seguintes: Luns 11 de maio: Estimadas familias, rogamos que revisedes as actividades do mércores 13 de maio, pois queremos realizar un experimento e igual precisades algún material. Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola. Recordade pintar cada día como vos sentides na nosa flor das emocións do mes de maio. Así, cando remate este mes, poderedes ver como vos fóstedes sentindo ao longo do mesmo. Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica. Actividades impresas: hoxe traballaremos unha actividade de lectoescritura (documento adxunto) e unha actividade de lóxica matemática (documento adxunto). Faredes as actividades marcada como Actividade 1. Esta actividade é obrigatoria. Hoxe toca conto!! Hoxe toca conto, por iso vos queremos deixar un novo recurso no cal poderedes atopar unha man chea de conto. É a páxina de Kalandraka TV, clicade no seguinte enlace e xa poderedes gozar dela: http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33 Escollede o conto que máis vos guste e logo facedes unha das actividades da batería de contos (documento adxunto) que aínda non fixérades. Esta actividade é obrigatoria. Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando. Martes 12 de maio: Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola. Recordade pintar cada día como vos sentides na nosa flor das emocións do mes de maio. Así, cando remate este mes, poderedes ver como vos fóstedes sentindo ao longo do mesmo. Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica. Descompoñemos números: hoxe imos a xogar cos números. Con esta actividade traballaremos tanto a asociación da grafía coa cantidade, como a descomposición numérica dos números do 1 ao 10, algo moi importante á hora de aprender a sumar e a restar. Para iso necesitaremos: camisetas cos números do 1 ao 10 (documento adxunto), unha percha e pinzas da roupa. Como xogamos: Collemos unha camiseta, a que nós queiramos, e colgámola na percha, logo temos que colgar na percha tantas pinzas como nos indica o número. Unha vez que temos a percha coa camiseta e coas pinzas colocadas, iremos vendo de cantas formas podemos colocar as pinzas. Por exemplo: se poñemos a camiseta co número 10, os nenos poden poñer 3 pinzas á esquerda e 7 á dereita, ou 4 pinzas á esquerda e seis á dereita.
Repetimos tantas veces como queiramos cos demais números. Déixovos tamén un xogo online para que poidade practicar a descomposición dos números: http://www.penyagolosaeduca.com/ca/contar-dinosaurios-y-componer-numeros-1-5/ Actividades impresas: hoxe traballaremos unha actividade de lectoescritura (documento adxunto) e unha actividade de lóxica matemática (documento adxunto). Faredes as actividades marcada como Actividade 2. Esta actividade é obrigatoria. Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando. Mércores 13 de maio: Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola. Recordade pintar cada día como vos sentides na nosa flor das emocións do mes de maio. Así, cando remate este mes, poderedes ver como vos fóstedes sentindo ao longo do mesmo. Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica. Actividades impresas: hooxe traballaremos unha actividade de lectoescritura (documento adxunto) e unha actividade de lóxica matemática (documento adxunto). Faredes as actividades marcada como Actividade 3. Esta actividade é obrigatoria. Hoxe faremos un experimento: UN ARCO DA VELLA NUN VASO!!! Para facer o experimento de hoxe necesitades:
Os pasos son os seguintes:
Deixámosvos un enlace no cal poderedes ver un vídeo de cómo se fai todo o proceso. A nosa proba saíu así: Deixámosvos unha actividade para que coloreedes o arco da vella no tarro. (Documento adxunto) Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando. Xoves 14 de maio: Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola. Recordade pintar cada día como vos sentides na nosa flor das emocións do mes de maio. Así, cando remate este mes, poderedes ver como vos fóstedes sentindo ao longo do mesmo. Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica. Actividades impresas: hooxe traballaremos unha actividade de lectoescritura (documento adxunto) e unha actividade de lóxica matemática (documento adxunto). Faredes as actividades marcada como Actividade 4. Esta actividade é obrigatoria. GALERÍA EN CUARENTENA. Hoxe propoñémosvos un reto artístico para toda a familia. O museo Getty iniciou esta divertida proposta que lanzou ao mundo a imitar obras de Much, Klimt, Warhol e ata Bansky. Clicade no enlace e poderedes ver algunhas recreacións. A páxina está en inglés, pois o museo Getty está en Los Ángeles (California)
Gustaríanos que vós participásedes tamén recreando algún cadro que vos guste. Podedes elixir entre unha multitude de pintores famosos, como os que vos indicamos antes, así como Van Gogh, Rembrandt, Sorolla, Da Vinci, Velázquez, Picasso,…, así como tamén outros que son máis cercanos a nós, como por exemplo Maruja Mallo, Luis Seoane, Laxeiro ou Alfonso Costa, entre outros. Esperamos as vosas creacións con moitas ansias. Deixámosvos algúns enlaces de museos que podedes visitar e coller algunha idea, así como algúns exemplos de persoas que se sumaron ao reto. Museo Granell: https://www.fundacion-granell.org/actualidad/index.php Museo do Prado: https://www.museodelprado.es/coleccion/obras-de-arte Museo Thyssen: https://www.museothyssen.org/coleccion Museo Louvre: https://www.louvre.fr/en/visites-en-ligne#tabs
Composición en rojo, azul y amarillo de Piet Mondrian El hijo del hombre. René Magritte.
The Dancers. Keith Haring. Yo y mis pericos. Frida Kahlo Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando. Venres 15 de maio: Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola. Recordade pintar cada día como vos sentides na nosa flor das emocións do mes de maio. Así, cando remate este mes, poderedes ver como vos fóstedes sentindo ao longo do mesmo. Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica. Debuxos da Primavera: hoxe tocaranos colorear un debuxo da primavera. Podedes escoller o que queirades. Pintadeo como máis vos guste e usade o material que vos apetezca ou que teñades (ceras, rotuladores, témperas, ceras brandas,…) Estou segura de que vos vai a quedar moi bonito. (Documento adxunto) Hoxe toca venres de concerto!!! “Ce e a orquestra pantasma” presenta: PARA XOGAR, CANTAR E BAILAR. Hoxe invitámosvos a un concertó de “Ce e a orquestra pantasma”. Esta actuación foi preparada para levar a cabo durante o Salón do libro de Pontevedra pero, dadas as circunstancias que nos acaen tívose que anular, polo que este artista, decidiu ofrecer esta actuación dende a súa casa, de xeito que puidese chegar a todos os nenos e todas as nenas. O espectáculo faranos bailar, gozar e divertirnos tanto aos cativos e cativas como aos maiores. Animádevos, merece a pena. Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando. Deixo unha serie de actividades de ampliación por se as queredes facer, aínda que eu non as recomendo, pois xa bastante traballo teñen coas actividades que deixamos propostas. Recordade que nós na aula non facemos máis de dúas actividades impresas diaria. (Documento adxunto, actividades de ampliación) O máis importante na vida dun neno é o xogo e o movemento, polo que xogade, xogade moito con eles. Tamén podedes leer un anaquiño todos os días, a hora de ir para a cama é un bo momento. Se tendes calquera dúbida coas actividades poñédevos en contacto con nós a través do mail da aula: abanqueiroinfantil5anos@gmail.com
Un saúdo e un abrazo da profe.
|
|||||||||||||||||||||