Good morning! Para que o pasedes ben esta fin de semana, déixovos o link dun xogo interactivo para repasar os números: Seaside significa "praia" ou "costa" en English, e no xogo temos que contar aquelo que nos indica o contador de abaixo, como vemos nesta imaxe: "CAN YOU COUNT THE SUN IN THE SKY?" --> polo tanto nesta páxina os nenos/as deben contar os soles da imaxe (ONE) facendo click co rato no sol neste caso ou nas cousas que nos indica cada páxina, e así o contador marcará os numbers. Déixovos a continuación un glosario coas palabras que van aparecendo no xogo e o seu significado, para que saibades onde tedes que clicar. A semana que ven subirei un vídeo no que sairei eu facendo o xogo, para que os nenos e nenas escoiten o conto en English e comproben se o fixeron ben. SUN: sol SHIPS: barcos CASTLES IN THE SAND: castelos na area SEASHELLS: cunchas STARFISH: estreliña de mar (neste caso teñen que clicar nos braciños da estrela, que ten 5 puntas) CRABS: cangrexos CHILDREN: nenos e nenas. (How many children? teñen que contar cantos nenos hai) SANDWICHES: bocadillos TOES: dedos dos pés Enjoy it!
|
|||