Bo día: Sabedes que mañá venres é festivo e, polo tanto, non temos clase de plástica, pero como me dixestes o outro día na videoconferencia que vos subira igual a actividade de plástica déixovola por aquí. Nesta ocasión é voluntaria. Trátase de facer un bonito MACARONI NECKLACE FOR MOTHER'S DAY, un collar de pasta que podedes regalalo polo Día da Nai este domingo. Este é un exemplo pero vós podedes empregar a vosa imaxinación e creatividade. Material necesario: - Papel de cociña - Auga - Pasta - Témperas ou rotuladores - Corda ou cordón de cores Aquí vos deixo un vídeo onde a profe Shadia vos explica todos os pasos para facelo: Moito ánimo e espero as vosas fotos. |
|||