Traballo para o luns 27 de abril e material para imprimir

Bos días chicas e chicos!

Que tal estades?

Desfrutástedes do voso primeiro e merecidísimo paseo despois de tantos días na casa? Agardo que si.

Comezamos unha nova semana.

Hoxe tócanos traballar lengua, matemáticas, lingua e sociais.

Lengua: Comprensión lectora. Debedes ler as páxinas 154 e 155 e facer as actividades 3, 4, 6 e 8 da páxina 156.

Matemáticas: Páxina 142. Exercicios 5, 6 e 7.

Lingua: Imos facer as preguntas de autoavaliación que aparecen ao final das distintas unidades. Ademais de respondelas, nas de verdadeiro/falso debedes dicir por que escolledes cada opción ou escribir o que se vos pregunta correctamente. Imaxinade que a pregunta é: "beleza" é un substantivo concreto; debedes responder "falso, é un substantivo abstracto". Fixen un documento xuntando as 25 preguntas para que fose máis cómodo. Podedes responder no documento ou na libreta, coma sempre.

Sociais: Imos comezar a traballar a Revolución Industrial. Nos seguintes enlaces podedes ver uns vídeos que tratan este tema:

https://www.youtube.com/watch?v=eZtmIClLJWM

https://www.youtube.com/watch?v=3LQAnFEADl4

Este traballo entregarao para corrixir o grupo 2.

Adxunto o material para imprimir para esta semana. Debedes ir facéndoo segundo o vaia pedindo, non antes.

Un saúdo e ánimo!

AdxuntoTamaño
PREGUNTAS DE AUTOAVALIACIÓN.pdf44.96 KB
TER DISPONIBLE PARA O TRABALLO DO MARTES 28 DE ABRIL.pdf41.76 KB
TEXTOS INSTRUTIVOS.pdf46.36 KB