Traballo para o 23 de abril, Día do Libro

Ola chicas e chicos!

Mañá, 23 de abril, é o Día do Libro, como xa sabedes.

Vouvos propoñer un traballo de lingua. Collede a fotocopia Tipo de Monstruo e descubride que tipo de monstro sodes seguindo o código que se indica.

Eu, por exemplo, sería unha momia traga ósos. 

Con este personaxe debedes crear unha historia e facerlle unha ilustración. É o único traballo para hoxe, así que esmerádevos e facede unha boa historia e un debuxo bonito.

Enviádeme tod@s a historia para corrixir, por favor.

Hai tamén un marcapáxinas para colorear. Esta é unha actividade optativa. 

Por último, lembrarvos a actividade do picnic literario. Desfrutade da lectura coa vosa familia! Na miña casa ímolo facer!