Ola! Como estades? Que tal o fin de semana? Quizais un pouco máis animad@s coa posibilidade de saír pronto, aínda que só sexa un anaquiño ... Vouvos colgar as correccións do traballo do venres. Algunhas familias comentaron que lles sería máis fácil a organización do traballo se colgamos hoxe todo o material para imprimir na próxima semana así que vou facer así. Hoxe vou poñer aquí varios materiais de cada materia e cada día irei dicíndovos o que tedes que facer. Espero que non haxa problema. Vamos alá: Lengua: Textos argumentativos. Abrides ese documento e facedes a tarefa que vos propoño: ler a información sobre este tipo de textos e responder unhas preguntas sobre o texto do libro. Matemáticas: No documento que vos deixo hai teoría e os exercicios para facer. Vamos pasar o sistema sexaxesimal e ir ao traballo de superficie porque me parece máis sinxelo para facer sen axuda. É moi semellante ao que xa traballamos sobre lonxitude, pero multiplicando ou dividindo por 100 en lugar de facelo por 10. Páxinas 138 e 139 e exercicios 1 e 2. Lingua: Predicado verbal. Abrides este documento e facedes os exercicios que se indican (páxina 152 e 153, exercicios 2, 3, 4 e 5). Sociais: Ler as páxinas 98 e 99. Enviará para corrixir o grupo 2. Vouvos enviar un abalar agora para quedar o martes pola mañá para unha videoconferencia. Na mensaxe que vos envíe teredes toda a información. Un saúdo.
|
|||||||||||||||||||||||||