ACTIVIDADES PARA O LUNS 20 DE ABRIL Estimadas familias, aquí vos deixamos as actividades para levar a cabo o luns 20 de abril. Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. Primeiro rodeamos no CALENDARIO o día que é hoxe(poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no calendario o tempo que fai. Tamén lle podedes dicir que estamos no mes de Abril, na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer na CASIÑA DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo. Hoxe toca experimento: LEITE DE CORES. Que MATERIAIS vamos a precisar para levar a cabo este experimento? Leite. Colorantes alimenticios de varias cores. Xabón líquido para pratos. Bastonciños dos oídos ou uns palillos con un pouco de algodón. Como o vamos a Elaborar? Primeiro vertemos unha fina capa de leite nunha bandexa ou nun prato. Logo engadimos no centro do recipiente unhas gotiñas de colorante de varias cores. Seguidamente mollamos o bastonciño nun pouco de xabón e introducímolo no leite, xunto coas cores, que se irán dispersando, formando diferentes formas e figuras, a medida que movemos o bastonciño co xabón. O que podedes facer antes é probar a introducir o bastonciño sen xabón para observar que non ocorre nada.
ACTIVIDADE IMPRESA Nº 4( será obrigatoria). ACTIVIDADES PARA O MARTES 21 DE ABRIL Estimadas familias, aquí vos deixamos as actividades para levar a cabo o martes 21 de abril. Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. Primeiro rodeamos no CALENDARIO o día que é hoxe(poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no calendario o tempo que fai. Tamén lle podedes dicir que estamos no mes de Abril, na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer na CASIÑA DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo. A actividade que vós propoño para hoxe é " COIDADO COAS MIÑAS PÚAS, NON TE PIQUES". Debedes colocarlle ao porco espiño( ourizo) tantas pinzas como indica o dado. Para iso vou a deixarvos nun arquivo adxunto os debuxos de dous porco espiños( elixide o que queirades) e tamén un dado que tedes que montar vós( papás e mamás aquí van precisar da vosa axuda para recortar). Primeiro decorade o porco espiño ao voso gusto, colorealo, pegarlle papeliños,....Recortádelo e pegádelo sobre un cartón para ser máis consistente. No dado debedes poñer os puntiños( en total seis puntiños), logo recortádelo e pegádelo. Cando xa teñades o dado listo....a XOGAR!!!!!!!!!!!!!!!( actividade obrigatoria). ACTIVIDADE IMPRESA Nº 5( de carácter obrigatorio). ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 22 DE ABRIL Estimadas familias, aquí vos deixamos as actividades para levar a cabo o mércores 22 de abril. Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. Primeiro rodeamos no CALENDARIO o día que é hoxe(poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no calendario o tempo que fai. Tamén lle podedes dicir que estamos no mes de Abril, na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer na CASIÑA DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo. CREAMOS INSTRUMENTOS MUSICAIS: UNHAS MARACAS!!! Para facer as maracas imos precisar: Unha botella de auga ou un iogur dos bebibles( con tapa). Os obxectos deben estar baleiros e ben secos. Garavanzos, lentellas, fabas,arroz... Logo ides a decorar a botella ao voso gusto, podedes empregar papeis de cores, gomets, pegatinas, pinturas acrílicas, témperas, esmalte de unllas...O que se vos ocorra e teñades pola casa. Deixamos que seque ben o recipiente empregado e a continuación botamos as legumes dentro. Para asegurarnos que a botella queda ben pechada podedes empregar cinta illante( non vaia a ser que nos poñamos a tocar e saia todo disparado). Xa temos todo listo so queda "DISFRUTAR DA MÚSICA". Podedes mandarnos fotos das vosas maracas e se vos animades gravar un vídeo para ver como as tocades e disfrutades delas. ACTIVIDADE IMPRESA Nº 6( de carácter obrigatorio). ACTIVIDADES PARA O XOVES 23 DE ABRIL Estimadas familias, aquí vos deixamos as actividades para levar a cabo o xoves 23 de abril. Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. Primeiro rodeamos no CALENDARIO o día que é hoxe(poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no calendario o tempo que fai. Tamén lle podedes dicir que estamos no mes de Abril, na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer na CASIÑA DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo. HOXE CELEBRAMOS O " DÍA DO LIBRO". Clicade aquí e levaredes unha sorpresa!!!!!!!!O enlace é o seguinte: https:youtu.be/hAcLgVXZfcE A actividade que temos que facer hoxe é a seguinte: debuxade a silueta das vosas mans e recortádea coa axuda das familias. Unha vez recortada a silueta das vosas mans tedes que facerlle unhas unllas moi longas, podemos facelas con plastilina, papeis de cores,... Por último toca facer o mesmo que Branca lle fixo a Carabuñas, acordádesvos do conto???Pois tedes que facerlle a MANICURA para cortarlle esas unllas tan longas que levaba Carabuñas. Si podedes mandádenos fotos do proceso. Esta tarefa será obrigatoria. Hoxe o conto tocounos contalo a nós, pero tamén nos gustaría poder escoitarvos e vervos a vós contándonos algúns contos para as mestras e os demais compañeir@s. Que vos parece se contades un pequeno conto e enviádesnolo?(Iranse subindo á web do cole os contos que vaian chegando). Así entre todos podemos facer a nosa BIBLIOTECA DE CONTOS. Aquí vos deixamos un enlace, chámase Contos para despois das oito e vinte. Biblos Clube de Lectores https://www.youtube.com/channel/UC1XVChn3W-o40FKN6si54tg/videos ACTIVIDADES PARA O VENRES 24 DE ABRIL Estimadas familias, aquí vos deixamos as actividades para levar a cabo o venres 24 de abril. Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. Primeiro rodeamos no CALENDARIO o día que é hoxe(poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no calendario o tempo que fai. Tamén lle podedes dicir que estamos no mes de Abril, na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer na CASIÑA DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo. ACTIVIDADE DE MOVEMENTO: TOKIO 2021 En circunstancias normais, nesta época xa nos estariamos preparando para participar nos XOGOS OLÍMPICOS, aínda que este ano como todos/as sabedes tivéronse que pospoñer. Non está de máis seguir entrenando, así para o ano estaremos moito máis preparados/as. Montamos un circuíto na nosa casa, dependendo por suposto dos elementos e do espazo que cada quen ten na súa casa. Como cada quen ten unha situación diferente sairán de aí multitude de circuítos diferentes. O obxectivo non é outro que acadar que os nenos/as se movan e se divirtan un montón. Podedes facelo tan longo como vós queirades e por suposto, segundo vaiades vendo como transcorre a actividade aumentando o nivel de dificultade. Podedes mandarnos algunha foto, dos vosos circuítos creativos e do ben que o pasáchedes. Deixamos o enlace no cal podedes ver diferentes vídeos de circuítos e de onde tomar algún exemplo. https://youtu.be/BBmeUvfz0o0
ACTIVIDADE IMPRESA Nº 7( de carácter obrigatorio). Bo finde, xogade moito e a disfrutar!!! Moitos biquiños da profe!
|
|||||||||||||||||||