Ola! Como ides? Para mañá venres vouvos poñer traballo de matemáticas, sociais e lingua. Matemáticas: Uns exercicios de repaso acumulativo: 4 (só os dous primeiros exemplos de cada columna), 6 e 7 da páxina 145. Sociais: páxina 94. Ledes o texto e facedes os catro primeiros apartados das preguntas (Todas menos a de expresión oral). Son sobre a Constitución de 1812 (A Pepa). Lingua: coñecedes #digochoeu ? É un conxunto de vídeos que traballo sobre dúbidas e erros frecuentes da nosa lingua. Imos traballar con estes dous: https://www.youtube.com/watch?v=VVmdyXRG6YI&list=PLI4kSxZYakZHu_Qju7GGzwgaxjGTDTUO1&index=9 https://www.youtube.com/watch?v=k0TG40BtW78&list=PLI4kSxZYakZHu_Qju7GGzwgaxjGTDTUO1&index=11 Despois de ver os vídeos escribides unha oración empregando correctamente as palabras das que fala. Nun dos vídeos hai unha palabra que está mal e varias alternativas e no outro falan sobre unha palabra que ás veces escribimos con til e non debe levalo. Facede unha frase con cada unha das palabras que saen (Non só coas que protagonizan o vídeo senón tamén coas alternativas e cos outros exemplos que tampouco levan til). Enviarán este traballo para corrixir as persoas do grupo 1. Outra cousa: a próxima semana gustaríame que nos víramos un pouquiño, a ver que guap@s estamos tod@s! Jeje. En serio, iremos conectándonos de cando en cando para explicar algunhas cousas e resolver dúbidas. Por certo, o profe Antonio tamén está desexando vervos... Mandarei un abalar explicándoo. Unha aperta! |
|||