Benvid@s de novo. Organización do traballo e tarefas para mañá.

Ola a tod@s!

Que tal estades?

Xa estamos de novo por aquí e temos que comezar a terceira avaliación, así que … MOITO ÁNIMO!

Imos cambiar a organización do traballo que tivemos ata agora porque é inviable.

Vou publicar as solucións ás tarefas ao día seguinte, pero cada día un grupo de persoas me terá que enviar o traballo feito para que o corrixa eu. Así saberei as dificultades que van xurdindo e se entendedes ou non o que estamos traballando.

Fixen 3 grupos seguindo a lista:

Grupo 1: Nico Domínguez, Iker, Clara, Elsa e Adam.

Grupo 2: Julia, Juliana, Noela, Iago Rebollido e Ariana.

Grupo 3: Nico Rey, Andrea, Matías, Iago Torres, Xoán e Dorian.

Cando publique o traballo que tedes que facer indicarei tamén que grupo me ten que enviar a tarefa para que eu a corrixa.

Quen poida que envíe o traballo en pdf, porque así eu corrixo sobre a propia ficha e é máis sinxelo para vós ver o que vos corrixín. Se non podedes non vos preocupedes, pasareino eu despois.

Coidade que as fotos se poidan ler. O ideal é colocar a ficha ou o caderno enriba da mesa e o móbil paralelo para sacarlle a foto.

Para mañá envíovos traballo de lingua, lengua e matemáticas.

Lingua: Esta noticia aparecía onte en internet. Vede o vídeo e facede un resumo da noticia. Fixádevos en que aparezan todos os acontecementos importantes.

http://www.crtvg.es/informativos/can-rescate-becerrea-4372452

Lengua: Imos traballar no libro de texto. Facede os exercicios 1, 2, 3 e 5 da páxina 143.

Matemáticas: Problemas: Páxina 131: Exercicios 8, 9 e 10.

ESTAS TAREFAS TERÁ QUE ENVIARMAS PARA CORRIXIR O GRUPO 1.

Vouvos adxuntar en pdf a ficha cos exercicios por se queredes completar nela. Podedes tamén facelo na libreta anotando data, páxina e número de exercicio, coma sempre.

 

AdxuntoTamaño
lengua 14 de abril.pdf41.74 KB
Matematicas 14 de abril.pdf27.92 KB